7 mar 2017

Álvaro Siza ingresará como Académico de Honra da Real Academia Galega de Belas Artes

Álvaro Siza. © FG+SG fotografia de arquitectura.

O arquitecto Álvaro Siza Vieira ingresará como Académico de Honra da Real Academia Galega de Belas Arts pronunciando o discurso «Presentación e comentario ao proxecto de pavilhão no Instituto Berggruen - Los Angeles. Início de um projecto: os instrumentos de trabalho de um arquitecto». O discurso de contestación correrá a cargo do Académico Numerario da Sección de Arquitectura Xosé Manuel Casabella López. 

Lugar: Museo de Belas Artes de A Coruña (Rúa Zalaeta, 2)
Data: Sábado, 25 de marzo, ás 12:30 horas
Entrada libre ata completar aforo

Máis información